Publicada a listaxe de persoas admitidas nas Escolas DepOUrtivas de Verán 2026
Xa está dispoñible a listaxe provisional de admitidos nas Escolas depOUrtivas de Verán 2026, un programa promovido polo Servizo de Deportes da Deputación de Ourense e desenvolvido no Pazo dos Deportes Paco Paz.
As familias poden consultar a relación de participantes admitidos nas diferentes quendas semanais a través da documentación publicada nesta páxina.
As persoas que figuren como admitidas deberán formalizar a súa matrícula dentro do prazo establecido. A reserva da praza non será definitiva ata completar correctamente este proceso.
Como formalizar a matrícula
Para confirmar a praza será necesario:
- Cubrir a ficha de inscrición correspondente (Formulario aberto do 09/06/2026 ao 15/06/2026)
- Realizar o ingreso da cota da actividade.
- Achegar o xustificante de pagamento xunto coa documentación requirida.
Importe da matrícula: 30 € por participante e semana. Inclúe o horario habitual de actividade de 09:00 a 14:00 horas e a posibilidade de solicitar, de forma gratuíta, o servizo de acollemento matinal entre as 08:00 e as 09:00 horas.
Conta bancaria para o pagamento:
ABANCA
ES76 2080 5251 4631 1140 0585
Indicar no concepto: Nome – Apelidos – DNI – Semanas ás que asiste (1ª – 2ª – 3ª – 4ª)
Lista de agarda
As persoas que non obtivesen praza inicial permanecerán en lista de agarda. No caso de producirse baixas ou renuncias, contactaremos coas familias seguindo a orde establecida na listaxe correspondente.
Máis información
Para calquera consulta relacionada co proceso de matrícula, as familias poden contactar co Pazo dos Deportes Paco Paz:
- Teléfono: 988 317 900
- Móbil: 639 972 290
- Web: pazopacopaz.gal
Agradecemos a confianza depositada neste programa e desexamos que os nenos e nenas participantes gocen dun verán cheo de deporte, convivencia e diversión.