Pazolandia
Espazo lúdico e familiar de referencia no Nadal ourensán
Pazolandia é unha iniciativa da Deputación provincial, que nace en 1993 coa pretensión de ser lugar de encontro e diversión para os nenos e nenas da provincia, nunhas datas tradicionalmente familiares, que invitan ó lecer e ó descanso.

Un gran parque de atraccións no que se dan a man todo tipo de actividades para tódalas idades: dende nenos de dous anos ata xóvenes de dezaoito. Sen esquecer que, ó ser unha actividade familiar, tódalas idades teñen acomodo en Pazolandia.
En máis de 8.000 metros cadrados de actividades, Pazolandia organiza tres espazos claramente diferenciados:
- Exterior onde se atopan as atraccións de maior tamaño e para nenos maiores.
- Pavillón auxiliar para os máis cativos.
- Pavillón principal onde se atopan o maior número de atraccións, obradoiros e actividades.
Milleiros de nenas e nenos da capital, provincia e de toda Galicia, visitan Pazolandia.