Fisioterapia
Servizo profesional de valoración, tratamento e recuperación funcional
Contamos cunhas instalacións de fisioterapia co material adecuado para proporcionar o tratamento ou a rehabilitación que necesiten.
Baixo cita previa feita na recepción do Pazo dos Deportes ou a través da APP Fitness Pazo, os fisioterapeutas atenderán as necesidades e consultas dos usuarios.
Os danos máis comúns na práctica deportiva son as lesións, contracturas musculares, sobrecargas, contusións, roturas de fibras e masaxes para a recuperación deportiva.
Os nosos fisioterapeutas son titulados universitarios con número de colexiado 4233 e número de colexiado 4274 da empresa Fisiourensport.
Solicitar cita previa
- Socios do Pazo: a reserva de cita realízase a través da App do Pazo.
- Non socios: as citas deberán solicitarse presencialmente na recepción.
Prezos
Usuarios
15€ (40 min)
Non usuarios
20€ (40 min)
HORARIO
Fisioterapia
Baixo cita previa
Sala de fisioterapia no Pazo Dos Deportes

