Saltar ao contido

    Datos personais
    Sexo
    Contacto para avisar en caso de urxencia
    Modalidades de pago
    Tipo de pagamento
    Información sobre protección de datos de carácter persoal

    CONTROL DE ACCESO: autorización de forma libre, expresa e inequívoca para captar a miña imaxe a través do sistema de cámara de cotexo.

    USO DE FOTOGRAFÍAS: co fin de promocionar as actividades organizadas pola Deputación de Ourense no Servizo de deportes, solicitamos autorización para utilizar as fotografías para publicidade na nosa web, redes sociais e prensa.

    Por favor, marque o que se axuste aos permisos que quere darnos:

    Normativa

    Normas de obrigado cumprimento para os/as usuarios/as da instalación.

    • O pagamento de recibos realizarase entre os días 1 e 8 de cada mes, con carácter improrrogable.
    • Os/As usuarios/as que desexen interrumpir a actividade, están obrigados a comunicalo antes do día 30 de cada mes, no enderezo electrónico deportes@depourense.gal, do contrario seguirán xerándose recibos, quedando obrigados a pagalos aínda que non asistan.
    • Calquera cambio na modalidade de usuario deberase comunicar antes do día 30 de cada mes, e só se fará efectivo no mes seguinte.
    • A cobranza das tarifas, reguladas na ordenanza efectuarase, segundo os casos, ben a través da máquina de cobro automático ou ben a través da app ou da web do Pazo dos Deportes “Paco Paz”.
    • Unha vez que esté asignada modalidade ou tipo de usuario, non se permitirá cambio ningún mentres dure o período de tipo de aboado (anual, mensual).
    • A idade mínima para acceder ós programas de fitness para adultos será de 16 anos, ou 15 anos con autorización paterna, e informe favorable do responsable da “sala de fitness”.
    • Por elementais razóns de hixiene é obrigatorio o uso da toalla na “sala de fitness” e “clases colectivas”.
    • Tamén é obrigatorio o uso de calzado deportivo en tódalas salas, e non se poderá acceder a elas co calzado (aínda que sexa deportivo) se se trae posto dende o exterior das instalacións.
    • O acceso realizase mediante fotografía e recoñecemento biométrico, podendo empregar un método alternativo sen necesidade de fotografía a través da máquina de cobro e un ticket persoal de acceso.