Saltar ao contido

Francisco “Paco” Paz Sotelo (Coles, 1939 – Ourense, 1990) foi unha das figuras clave do deporte ourensán entre as décadas de 1960 e 1980. Vencellado desde moi novo ao tecido deportivo da cidade, destacou polo seu apoio decidido a numerosos clubs e disciplinas, así como polas súas iniciativas de impulso ás instalacións deportivas municipais.

O seu compromiso social e a súa capacidade de xestión levárono tamén a exercer como concelleiro no Concello de Ourense, desde onde contribuíu á modernización e dinamización da práctica deportiva provincial.

Foi o creador e principal impulsor da Copa Deputación, un modelo competitivo que co tempo se estendeu a múltiples disciplinas e que hoxe mobiliza a miles de deportistas en toda a provincia.

En recoñecemento á súa traxectoria e ao seu legado humano e institucional, o antigo Pavillón da Finca Sevilla pasou a denominarse Pazo Provincial dos Deportes “Paco Paz”, nome co que actualmente se honra a súa memoria en cada evento deportivo e social que acolle esta instalación emblemática.