Saltar ao contido

Iniciación ao deporte para as nenas e nenos, dun xeito lúdico e ó mesmo tempo organizado. En moitos casos é a primeira vez que os nosos nenos toman contacto co deporte e constituen unha forma axeitada de fomentalo. Contribuímos o seu desenvolvemento como persoas e fomento de hábitos de vida saudables.

Poñemos a disposición dos nenos e dos seus pais, os nosos recursos humanos e materiais, intentando mellorar cada ano con monitores cualificados e espazos deportivos adaptados.

O período das escolas coincidirá co calendario lectivo escolar, descansando os festivos e as vacacións regulamentarias.

Actividades: fútbol sala, tenis de mesa, básquet, psicomotricidade, remo indoor, inicación a ximnasia acrobática, rítmica, ballet, danza e ballet, patinaxe artístico, kárate, minibalomán, breaking, kung-fu, volei, bailes kids e junior, etc.

Xa están abertas as inscricións para as nosas escolas deportivas. Se queres que os máis pequenos gocen dunha formación deportiva de calidade nun ambiente divertido e seguro, esta é a túa oportunidade.


Descarga o PDF ou accede o formulario de inscricións.